|
Ánxela Bugallo asegura a súa competencia na materia
A Xunta poderá desenvolver a Lei de Memoria Histórica a pesar da decisión de Garzón
Axencias. Galicia poderá desenvolver a Lei de Memoria Histórica con independencia das accións xudiciais que se emprendan de Madrid, posto que a administración autonómica é competente na materia. Así respondeu Bugallo á interpelación dunha xornalista en relación á decisión do xuíz Garzón de deixar a investigación dos posibles crimes franquista en mans dos xulgados territoriais.
A conselleira asegurou que a Xunta manterá as iniciativas e accións que xa tiña previstas como colaborar coa información que ten solicitada sobre o número de desaparecidos, recibir as solicitudes das familias que desexen localizar aos seus parentes ou facilitar os traballos de exhumación de fosas.
Mentres a conselleira facía estas declaracións, as principais autoridades xudiciais galegas rexeitaron valorar ou comentar a decisión tomada polo xuíz Garzón, a pesar de que deixa nas súas mans a investigación das desaparicións e crimes da Guerra Civil e o franquismo na nosa comunidade.
Máis información en: http://www.galiciae.com
Noticia publicada o 20.11.2008
Fonte:Galiciae
|