(Fotos: Galisigno/Internet)
   
     

Proposta
O Parlamento Europeo propón que os colexios impartan educación financeira

EFE. O Parlamento Europeo propuxo onte incluír unha materia de educación financeira nos plans de estudo do ensino primario e secundaria. A intención dos eurodiputados é mellorar así a «cultura financeira» da sociedade para que os consumidores estean máis protexidos cando, por exemplo, solicitan un crédito. Segundo a Eurocámara, investigacións recentes demostraron que as persoas que estudan os aspectos fundamentais das finanzas a unha idade temperá teñen despois unha maior «cultura financeira».

O informe aprobado onte polos eurodiputados por 634 votos a favor, 12 en contra e 27 abstencións subliña a necesidade de que os Estados membros realicen periodicamente enquisas sobre este asunto, a fin de poder identificar o nivel de coñecementos dos cidadáns. Así mesmo, o Parlamento destaca que o sector privado e as entidades financeiras deben presentar de forma «imparcial e transparente» a súa información. Para iso, os deputados animan aos bancos a establecer códigos de conduta para o seu persoal.

O Europarlamento quere tamén que a publicidade das entidades financeiras sexa «clara e comprensible» e insta á Comisión a que presente propostas lexislativas específicas para lograr un sistema de información e protección dos consumidores.

Máis información en: http://www.lavozdegalicia.es

Noticia publicada o 19.11.2008
Fonte: La Voz de Galicia