(Foto: Galisigno/Internet)
   
     

En Madrid
Un hospital público fomenta a castidade como arma contra a sida

Galiciae. 'Adolescentes frente al sida: preguntas con respuesta' é unha guía para adolescentes elaborada pola Fundación Investigación e Educación en Sida (IES) que se reparte no hospital público Carlos III de Madrid. En aparencia é un manual máis que se reparte nas consultas, pero os consellos da guía veñen acompañados de controversia entre o público que o leu, segundo publica a prensa escrita deste martes.

Entre as páxinas do manual, deféndese o que chama "amor verdadeiro", como "o mellor para previr o VIH" baseado na castidade primeiro e a fidelidade despois.

Algunhas das citas da guía, teorizan acerca da sexualidade das persoas de forma taxativa: "Home e muller están chamados a unirse, a ser heterosexuais, baixo as condicións da súa anatomía e da súa psicoloxía".

A homosexualidade é outro dos temas que abarca este manual, asociada "con maior frecuencia ao contaxio de enfermidades de transmisión sexual e trastornos mentais. Aínda que hai que ser comprensivo e intentar axudar ás persoas con hábitos homosexuais, no posible hai que axudarlles a solucionar a súa alteración conductual".

Máis información en: http://www.galiciae.com

Noticia publicada o 19.11.2008
Fonte: Galiciae