|
En Bilbao
Iniciativa veciñal para que os nenos poidan ir sos ao colexio
EFE. Todos as asociacións e sectores do barrio de Abusu-La Peña, nos municipios de Bilbao e Arrigorriaga, implicáronse nunha iniciativa que busca conseguir que os nenos de entre 6 e 11 anos poidan ir sos, sen compañía de adultos, ao colexio e aumentar así a súa autonomía.
Neste programa do colexio público Zamakola establecéronse oito camiños seguros para que os nenos poidan ir desde calquera zona do barrio á escola, nos que haberá puntos de encontro para que os rapaces se reúnan.
No proxecto participan todos os sectores do barrio. Así, os alumnos do instituto da zona marcaron os percorridos, as asociacións de maiores e os grupos de mozos achegarán os voluntarios que axudarán a cruzar nunha rotonda perigosa polo tráfico e haberá "comercios amigos", identificados cun logotipo, para axudar aos nenos que o necesiten.
Máis información en: http://www.galiciae.com
Noticia publicada o 18.11.2008
Fonte: Galiciae
|