|
Non prevén a aprobación da lexislación autonómica para esta lexislatura
As cidades regulan o botellón á espera da Lei de Drogas
Laura Grandal/AGN. As cidades optaron por elaborar ordenanzas para regular o botellón ante a previsión de que a Lei de Drogas da Xunta non será aprobada esta lexislatura. Polo menos así o argumentaron nas xornadas 'A problemática do botellón', onde representantes das cidades da Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo, explicaron as medidas postas en marcha para atallar o problema.
Un elemento común ao que aludiron é á importancia do consenso para conciliar os dereitos ao descanso de veciños e o do goce dos mozos. Tamén, a que cando menores sofren intoxicacións e a policía chama aos pais, estes negan que os seus fillos beban alcol.
Á hora de buscar medidas, tamén hai acordo ao expresar que o asunto transcende o municipal, polo que outras administracións deberían atallar este tema establecendo lexislación ou medidas desde unha perspectiva máis global, e non deixando o asunto en mans, unicamente, dos concellos.
Máis información en: http://www.galiciae.com
Noticia publicada o 18.11.2008
Fonte: Galiciae
|