|
Cre que así se eliminaría un ''problema estrucutral'' destas cifras
Corbacho propón que os prexubilados non ingresen nas listas do paro
EFE. O ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, propuxo este luns que os traballadores que obteñan a prexubilación non ingresen nas listas do paro, para que non de inflen de forma irreal as cifras.
Nun relatorio ofrecido en Sabadell, no marco da xornada Tribuna Oberta que organiza Sabadell Universitat, o titular de Traballo destacou que España ten ''un problema estrutural coas cifras do paro'', que se engrosan coa inclusión dos traballadores prexubilados que por lei se incorporan ás mesmas.
''Teremos que resolver este problema, non para quitarlle importancia ao paro, senón para poder beneficiar a aquelas persoas que estean en idade de traballar, que estean a buscar emprego e non o atopen'', sinalou Corbacho, confirmando o forte incremento da poboación activa que desexa traballar pero non pode.
Orde
Para solucionar esta situación, Corbacho resaltou que antes hai que establecer unha orde de prioridades. ''Se a crise é financeira, primeiro temos que salvar o sistema financeiro'', explicou, á vez que se mostrou preocupado pola chegada de diñeiro tanto ás familias como ás empresas.
Máis información en: http://www.galiciae.com
Noticia publicada o 18.11.2008
Fonte: Galiciae
|