(Foto: La Voz de Galicia)
   
     

Protesta en Madrid
Os marxinados do cheque bebé esixen ao Goberno igualdade de dereitos

Rafael Herrero. Algo máis dun centenar de parellas, acompañadas dos seus fillos, concentráronse onte na madrileña praza de Colón para esixir ao Goberno central igualdade de dereitos, tendo en conta que se trata dun colectivo damnificado polo cheque bebé, que xusto agora cumpre o primeiro ano da súa entrada en vigor. E é que os concentrados, convocados pola denominada Asociación de Familias Discriminadas (Asafadis) por esta lei, unha das promesas estrela do Executivo socialista durante o último tramo da lexislatura anterior, son ignoradas pola normativa e non perciben a axuda de 2.500 euros por nacemento ou adopción dun fillo.

Segundo Asafadis, ao redor de 20.000 familias están «esquecidas e ignoradas» por esta lei, xa que moitos matrimonios mixtos entres españois e estranxeiros quedaron á marxe de recibir a axuda, o que pon en solfa o «desexo de igualdade e integración» que pregoa o presidente, José Luis Rodríguez Zapatero . A mencionada asociación asevera que a súa discriminación á hora de cobrar o cheque bebé «viola o dereito de igualdade entre pai e nai, xa que a única beneficiaria desta axuda é a nai que teña dous anos de residencia legal en España anteriores ao parto».

Sempre segundo a asociación, unha muller pode acceder a esta prestación para o seu fillo «aínda que o pai teña menos de dous anos de residencia ou ata estea residindo en España de forma irregular», pero un home español ou estranxeiro que cumpra o requisito dos dous anos de residencia legal «non pode acceder a devandita prestación se a súa muller leva menos de dous anos de residencia legal en España».

Máis información en: http://www.lavozdegalicia.es

Noticia publicada o 17.11.2008
Fonte: La Voz de Galicia