(Fotos: La Voz de Galicia)
   
     

Estados Unidos
O primeiro «home embarazado» espera outro bebé

EFE. O transexual Thomas Beatie, que saltou á fama por ser o primeiro «home embarazado» do mundo e que deu a luz a unha nena o pasado mes de xuño, anunciou hoxe que espera outro bebé.

Beatie, de 34 anos, e a súa esposa Nancy, de 46, deron a coñecer a noticia nunha entrevista concedida en exclusiva á canle de televisión estadounidense ABC, que se emitirá esta noite en horario de máxima audiencia.

Segundo adiantou a ABC, Beatie decidiu non volver tomar hormonas masculinas para poder ter outro fillo, logo de dar a luz á pequena Susan, que agora ten catro meses de idade.

Na entrevista, Beatie asegurou que sente ben e fala por primeira vez do parto de Susan, que se desenvolveu de xeito natural e durante 40 horas, e no que os médicos permitiron á súa esposa cortar o cordón umbilical do bebé.

Máis información en: http://www.lavozdegalicia.es

Noticia publicada o 17.11.2008
Fonte: La Voz de Galicia